Sopra un vento de nordés que pon os pelos como escarpias ó máis valente.
En días como o de hoxe só podo acurrucarme na miña póla agardando a que a tormenta escampe e poida de novo saír a dar os meus paseos habituais polo bosque.
Nestes días de tormenta o ceo cárgase de pensamentos pretos e a néboa invade todos e cada un dos recunchos do alma, até deixala completamente esnaquizada no que era.
Disque é cousa do clima e que os mandrís non servimos para bosques tan chuviosos. Non sei, a min no me preguntedes que e a primeira vez que estou tan lonxe da miña sabana.
Había veces que fóramos ó sul de España, a unha praíña na que todos os rapaces cando andaban na bicicleta silbaban unha melodía extraña e dicíanme: -Non ves que azul está o verán?
E eu non compredía nada, porque azul é o outono coa súa melancolía, o verán e cálido, non azul. Pero quen sabe, quizais os humanos son daltónicos e non entenden destas cousas das cores.
A cuestión da que estaba a falar é: cando chegas ó super e queres comprar unhas bananas... pagas con peniques ou con pedriñas? Porque o outro día dixen que quería un prátano e déronme unha mazá, e pensei eu: Aínda vai ser cousa do idioma e por iso non me entenden cando pido de cear un pouco de bacallau.
Si es que andan as cabezas moi toulas. Estou de seguro que iso é porque a xente reflexiona pouco sobre o universo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario