Aló, ó lonxe, detrás daqueles árbores e moito máis alá daquelas montañas está miña casa: a sabana. Agora non se ve porque caeu a néboa, esa mesta néboa tan desagradável que hai nestas terras, mais eu sei que está alí, nalgunha parte.
Minha familia debe estar preocupada, sempre me din que estou na póla, pero a verdade e que non, estou filosofando, mais eles non me entenden e dinme: -Mandril, estás sempre na póla.
Agora estou lonxe de todo e preto de nada, neste bosque no que non hai nin formigas para comer, disque están no seu refuxio, agardando o que eles chaman "inverno". Mais eu non sei que é iso, porque aló na sabana fai sempre calor e bo tempo. Quizais por iso o ano pasado abriron preto de nos "África d´Or, cidade de vacacións".
Agora estou lonxe de casa e non sei como volver, así que fíxenlle caso a miña nai e subinme a unha póla, a lo menos agora sou un mandril empolado na súa póla.
A lo menos teño póla. O problema é que a néboa é mesta e non podo ver a miña casa dende a miña póla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario